Celso Emilio Ferreiro: "O neno preguntaba"



"¿De que lugar iñoto vén o vento
e onde se vai o vento cando marcha?
¿Quen lle ensinou ao vento xeografía?
O neno preguntaba.
¿Dorme o vento no mar ou nas estrelas?
¿Dorme no val ou dorme na montaña?
¿Dorme no colo verde dos piñeiros?
O neno preguntaba.
¿Sabe que hai Dios o vento?
O neno preguntaba.
Ise vento que xoga cos meus rizos
¿será o anxo da garda?
¿Será o vento a voz dos que están mortos?
O neno preguntaba,
pero o vento
fuxí a indiferente pola gándara."



Comments